contratación en exclusiva
contratación en exclusiva
contratación en exclusiva
contratación en exclusiva
booking
Luneda Producións
booking para españa
Deputación da Coruña
booking para españa
contratación en exclusiva
booking para Galiza
contratación en exclusiva
A cooperativa cultural Nave de Lata nace a principios do 2023 como espazo de creación e laboratorio de ideas, impulsada por persoas cun xa longo percorrido na xestión cultural. Adicámonos principalmente á música ao vivo, mais sempre en diálogo con outras disciplinas artísticas, procurando a colaboración e o intercambio con profesionais doutros ámbitos que tamén entenden a cultura como chave transformadora.
Nave de Lata é tamén a casa de Luneda Producións, axencia adicada ao booking, a produción e a programación de eventos musicais. A través desta marca, especializámonos na música tradicional e folk, nas músicas do mundo e no jazz, abríndonos cara outros estilos e cara outras tendencias. Traballamos dun xeito consciente na defensa da lingua e cultura propia dos pobos, na recuperación da memoria e na posta en valor do patrimonio inmaterial, desde unha óptica contemporánea, feminista e sostible.
Apoiamos os procesos creativos, a experimentación artística e a formación na profesionalización, promovendo espazos de encontro e acompañamento. Pensamos, deseñamos, producimos e comunicamos eventos singulares, programacións a medida para institucións, marcas ou empresas. Escoitamos, aprendemos e xestionamos. Colaboramos?
Podes atopar información sobre os proxectos nos que estamos a traballar visitando tamén a web de Luneda.